A ortografía é moi importante traballala dende idades temperás para ampliar o vocabulario. Consideramos que a ortografía, a expresión e a comprensión lectora son tres aspectos da linguaxe que van unidos, e favorecen a efectividade e a capacidade de estudo en cursos superiores.
Traballamos con actividades lúdicas e amenas, adaptadas as idades e ritmos de cada neno e nena. Para elo fomentamos a lectura, e poremos en práctica diversas actividades como «detective de faltas», onde se lle dará un texto ao neno ou nena con algúnhas faltas para que as atope e as corrixa, o «parchis da ortografía», similar o xogo do parchís tradicional pero conta con tarxetas sobre ortografía (regras, dicir como se escriben as palabras…), e para poder avanzar, débese contestar correctamente a tarxeta que toque, ou «letras por debuxos» pensado para nenos e nenas máis pequenos, onde a palabra a traballar estará complementada polo debuxo que a representa, é dicir, por exemplo na palabra «VACA», a V sería o debuxo dos cornos dunha vaca.