Somos un centro de formación non reglada cunha didáctica específica. Consideramos que cada persoa ten características diferentes e intentamos adaptar a metodoloxía a cada alumno e alumna, adicándolle paciencia e tempo a cada unha das súas necesidades.
Levamos a cabo un acompañamento académico baseados nos reforzos positivos e poñendo en práctica a «técnica pomodoro». Deste xeito os nenos e nenas aprenden a distribuir o seu tempo de forma eficaz, introducindo pausas cada certo tempo para aumentar o seu rendemento educativo.
Traballamos coa educación dun xeito global, de forma que os cativos adquiran habilidades fronte a vida dun xeito responsable e cooperativo.
Nas nosas clases tratamos dun xeito transversal, a coeducación, a igualdade, a tolerancia e o respeto.
Ademáis do reforzo académico, no noso centro realizamos talleres formativos de diferentes temáticas que «complementan» o desenvolvemento integral do alumnado. Temos comprobado que para realizar estas actividades, a técnica que usa as pausas como modo de desconexión tamén é moi positiva e favorecedora.
Impartimos clases para aqueles nenos e nenas que presenten certas dificultades á hora de iniciarse na lectoescritura, que teñan menor destreza no ámbito da psicomotricidade ou que precisen unha atención máis personalizada e constante. Este reforzo realízase dun xeito distendido, con intervalos de descanso e relaxación, favorecendo o seu rendemento e mellorando así os obxectivos propostos